Diogo Brito
O alero de 26 anos (24 de abril de 1997, Povoa de Varzim) e 1,96 metros de altura, é coñecido pola súa versatilidade e habilidade tanto na defensa como no ataque. Formado na Universidade de Utah State, nos Estados Unidos, Brito tivo unha destacada carreira universitaria antes de dar o salto ao baloncesto profesional en Europa. Todos coñecemos o seu desempeño no seu paso polo Club no que deixou claro a calidade que atesoura.
Tralo seu paso por Ourense destacou no CB Morón onde mediou 15 puntos e 4 rebotes por partido, o que chamou a atención do Lleida Baloncesto. Con eles conseguiu chegar á Final Four na 2022-2023 e acadou o ascenso na 2024-2025 cun xogo e cuns números moi consistentes para irse aos 8,1 puntos e 3 rebotes, aportando, ademais, o seu liderazgo na cancha.
“Estou moi contento coa contratación de Diogo Brito. Tanto eu, como a institución, como o cobismo, estamos de noraboa por poder contar con que un xogador da súa categoría se una ao noso proxecto. Xogou as dúas últimas “Final Four” sendo un dos artífices do ascenso o ano pasado. É un xogador que coñece a cidade e á afección e creo que é un aliciente para todos. Ten unha personalidade especial, dá todo no campo cunha ética de traballo e un nivel competitivo que só se pode comparar co seu enorme talento”.
Esta non é, tampouco, a primeira vez que se cruzan Diogo Brito e Moncho López, “adestrei a Diogo con quince anos, e despois da súa etapa nos EEUU e LEB, teño a sorte de volvelo a encontrar no meu camiño e quero gozar desta nova etapa cun xogador tan especial e que nos vai a aportar tantas cousas”.
As aspiracións do COB parecen quedar claras, como ben di Moncho, “Os nosos obxectivos son a permanencia e ademáis xogar as eliminatorias de ascenso a ACB, e creo que con Brito dimos un paso máis de cara a acadar a nosa meta”
O grupo principal está case completo para o novo proxecto do Club Ourense Baloncesto, que promete dar espectáculo na nova tempada, incorporando unha peza clave como é Diogo Brito. “pode xogar tanto de 3 coma de 2, destacando a súa lectura de xogo, pasando o balón, pero sen infravalorar a cantidade de puntos que ten nas mans, capacidade de ser vertical e as vantaxes que xera para outros compañeiros. No ámbito defensivo é un xogador que é completo, pode emparellar con xente máis alta grazas ao seu físico; e tamén, quero destacar a súa intelixencia táctica e capacidade competitiva” conclúe Moncho sobre nova fichaxe cobista.
Temporada Actual:
Fase | Min | Ptos | T.2 | T.3 | T.1 | R.O. | R.D. | As | B.R. | B.P. | T.F. | T.C. | Mat. | F.C. | F.R. | Val | P. |
GR | 81 | 39 | 7/11 | 8/17 | 1/2 | 3 | 13 | 9 | 4 | 3 | 2 | 0 | 0 | 8 | 6 | 51 | 4 |
Temporada Actual:
Fase | Min | Ptos | T.2 | T.3 | T.1 | R.O. | R.D. | As | B.R. | B.P. | T.F. | T.C. | Mat. | F.C. | F.R. | Val | P. |
LR | 170 | 86 | 11/31 | 17/32 | 13/16 | 8 | 26 | 30 | 7 | 12 | 1 | 5 | 0 | 8 | 19 | 119 | 6 |
Trayectoria:
Año | Liga | Equipo | Licencia | Fch. Alta |
20/21 | LEB ORO | IBEREÓLICA RENOVABLES OURENSE | Jugador | 13/10/2020 |
21/22 | LEB PLATA | CLUB BALONCESTO MORÓN | Jugador | 30/09/2021 |
22/23 | LEB ORO | ICG FORÇA LLEIDA | Jugador | 29/09/2022 |
23/24 | LEB ORO | ICG FORÇA LLEIDA | Jugador | 05/10/2023 |
24/25 | PRIMERA FEB | CLUB OURENSE BALONCESTO | Jugador | 03/09/2024 |
Estadísticas Pasadas:
Fase | Min | Ptos | T.2 | T.3 | T.1 | R.O. | R.D. | As | B.R. | B.P. | T.F. | T.C. | Mat. | F.C. | F.R. | Val | P. |
23/24 - ICG FORÇA LLEIDA | |||||||||||||||||
LR | 661 | 266 | 58/116 | 37/116 | 39/51 | 18 | 73 | 74 | 24 | 45 | 1 | 7 | 3 | 56 | 48 | 254 | 33 |
PO | 77 | 28 | 3/11 | 5/12 | 7/10 | 4 | 15 | 10 | 3 | 5 | 1 | 2 | 0 | 8 | 7 | 37 | 5 |
22/23 - ICG FORÇA LLEIDA | |||||||||||||||||
LR | 670 | 239 | 49/101 | 40/125 | 21/37 | 28 | 66 | 53 | 26 | 33 | 4 | 5 | 2 | 42 | 43 | 231 | 34 |
PO | 75 | 20 | 4/13 | 3/14 | 3/4 | 1 | 10 | 5 | 4 | 1 | 1 | 3 | 1 | 4 | 4 | 19 | 4 |
21/22 - CLUB BALONCESTO MORÓN | |||||||||||||||||
LR | 772 | 397 | 92/177 | 58/167 | 39/68 | 29 | 96 | 68 | 28 | 52 | 3 | 9 | 7 | 54 | 70 | 362 | 26 |
20/21 - IBEREÓLICA RENOVABLES OURENSE | |||||||||||||||||
LR | 193 | 58 | 14/23 | 9/20 | 3/4 | 5 | 18 | 6 | 8 | 9 | 1 | 1 | 0 | 19 | 7 | 54 | 16 |
2ª | 62 | 16 | 5/9 | 2/5 | 0/0 | 0 | 2 | 1 | 4 | 4 | 0 | 2 | 0 | 8 | 0 | 4 | 6 |