Ignacio Rosa

 
Comparte
15
  • Posición: Ala-Pívot
  • Fecha de nacimiento: 01/07/1999
  • Procedencia: San Pablo Burgos
  • Redes sociales:


Ignacio Rosa, de 25 anos e cunha altura de 2,06 metros, destaca pola súa capacidade para xogar en varias posicións e pola súa habilidade tanto en defensa como en ataque. Formado nas categorías inferiores do Unicaja Málaga, Rosa acumula unha valiosa experiencia na LEB Ouro, en equipos como Oviedo, Castelló ou Lleida, e aportará un toque de calidade ao equipo ourensán.

O xogador catalán mediou a pasada campaña 6 puntos, 2.4 rebotes e 0.4 asistencias en 15 minutos na cancha cun 41.5% en tiros de tres. “Ignacio Rosa é para nos unha peza moi importante no proxecto de equipo que estamos a desenvolver e que encaixa á perfección co xogo que queremos facer esta temporada”, comenta Moncho López sobre a nova incorporación cobista.

“É un excelente catro polas súas habilidades técnicas, cun certero tiro de tres e a súa capacidade para xogar sen balón e crear espazos para os seus compañeiros. Ademáis ten a capacidade para xogar de cinco en certas situacións grazas a súa comprensión do “pick and roll” e as súas continuidades, cando facer “deep roll”, “short roll”, “pop”... otorgándonos esa versatilidade” continúa Moncho. “Queremos que sexa importante, que se sinta importante e que sexa un xogador que nos aporte nos dous lados da cancha. Defensivamente ten marxe de evolución que nos fará mellores se consegue adaptarse a defender a diferentes pares e sendo consistente no rebote defensivo. Con él e con Samu temos a posición do catro moi ben cuberta”, remata o noso adestrador.

A fichaxe de Ignacio Rosa representa outro paso adiante para o Club Ourense Baloncesto, que continúa traballando arreo para formar un equipo competitivo e ilusionante para a afección e consolide o proxecto que a cidade de Ourense merece.

Trayectoria:

Año Liga Equipo Licencia Fch. Alta

Estadísticas Pasadas:

Fase Min Ptos T.2 T.3 T.1 R.O. R.D. As B.R. B.P. T.F. T.C. Mat. F.C. F.R. Val P.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar