Antonio Monteiro
Antonio Monteiro é un ala-pivote angoleño de 34 anos e 2,04 metros de altura cunha ampla experiencia no baloncesto de primeiro nivel tralo seu paso por equipos como Sporting, Porto e Benfica cos que conseguiu levantar varios títulos. A pasada tempada xogou en Islandia no Valur co que alzou o trofeo de liga. O xogador tamén é internacional absoluto con Angola.
Antonio Monteiro mediou o ano pasado 8 puntos e 6 rebotes en 22 partidos demostrando a súa calidade e polivalencia.
Moncho López, que o adestrou na etapa do Porto, quixo falar sobre a fichaxe: “Antonio é un xogador con moita experiencia competitiva, acostumado a competir por títulos. Destacaría de Antonio a súa versatilidade, pode xogar nas dúas posicións interiores aínda que a súa posición é a de catro. É un xogador que coñeco ben, xa que o adestrei durante tres tempadas no Porto. Non é unha estrela, é un xogador cun rol de rotación, fai mellores aos seus compañeiros, equilibra ao plantel e dá moita intensidade de adestramento. Vainos axudar moito xa que temos dous lesionados nesas posicións e necesitábamos un xogador das súas características que nos vai a axudar moitísimo”.
Trayectoria:
Año | Liga | Equipo | Licencia | Fch. Alta |
Estadísticas Pasadas:
Fase | Min | Ptos | T.2 | T.3 | T.1 | R.O. | R.D. | As | B.R. | B.P. | T.F. | T.C. | Mat. | F.C. | F.R. | Val | P. |