Charles Barton

Charles Barton (1,93 m, 33 anos), conta cunha ampla experiencia no baloncesto europeo, con traxectoria en ligas como a alemá, sueca, francesa, grega e LEB Ouro, ademais de ser internacional absoluto coa selección de Suecia. Destaca pola súa visión de xogo, capacidade de dirección e carácter competitivo, que estamos seguros encaixará á perfección co noso estilo.
Moncho López sobre Charles Barton:
“Charles Barton é un xogador formado nun moi bo programa universitario como é Oregon State e ten moita experiencia competitiva en países como Italia, Bélxica e España. Esa bagaxe foi clave para decidirnos pola súa incorporación. Coñece a Primera FEB tras o seu paso polo Gipuzkoa, e nos últimos tres anos xogou no seu país natal, onde é internacional con Suecia. Pode ocupar tanto a posición de base como de escolta, é un excelente manexador de balón con gran capacidá de anotación no xogo de pick and roll e coñecemento do xogo táctico. Foi o mellor pasador da liga sueca, cunha media de 8 asistencias por partido, e conta cun gran rango de tiro exterior. Ademais, polo que falei con el, vén moi motivado, aceptou o reto que temos por diante, xogándonos o acceso ao play-off e tamén o obxectivo de asegurar a permanencia.”
Trayectoria:
Año | Liga | Equipo | Licencia | Fch. Alta |
Estadísticas Pasadas:
Fase | Min | Ptos | T.2 | T.3 | T.1 | R.O. | R.D. | As | B.R. | B.P. | T.F. | T.C. | Mat. | F.C. | F.R. | Val | P. |