O Clube Ourense Baloncesto lanza a campaña de abonados para a segunda volta
Co comezo do novo ano e co obxectivo de chegar aos dous mil socios o clube lanza a campaña de abonados da segunda volta a un precio moi especial.
O abono incuirá os 8 partidos que se xogan no Paco Paz na segunda volta, e en caso de disputarse os Playoffs (debido ao formato de Final Four que só hai unha rolda eliminatoria) estes NON estan incluidos pero os abonados disfrutarán dun precio especial.
Ademáis, se te fas socio durante a vindeira semana poderás xa asistir ao último partido da primeira volta contra Valladolid.
Os novos abonos poderán solicitarse de maneira online na páxina do clube e recoller o carnet físico posteriormente nas oficinas, ou ben facelos presencialmente nas mesmas. Os novos aboados con desconto deberán facelo directamente na oficina presentando a documentación correspondente.
Os prezos da Bancada Xeral son os seguintes:
- Abono Senior: 65€
- Abono Joven: 33€ (15 a 25 anos)
- Abono Infantil: 15€ (6 a 14 anos)
- Abono Preinfantil: 5€ (2 a 5 anos)
Os prezos na Bancada Pista son:
- Abono Senior: 75€
- Abono Joven: 45€ (15 a 25 anos)
- Abono Infantil: 20€ (6 a 14 anos)
- Abono Preinfantil: 20€ (2 a 5 anos)
Os presos para Peñas son:
- Abono Senior: 50€
- Abono Joven: 30€ (15 a 25 anos)
- Abono Infantil: 10€ (6 a 14 anos)
- Abono Preinfantil: 5€ (2 a 5 anos)
Sobre os prezos de cada categoría aplicaránse ademáis os seguintes descontos sobre o abono xeral:
- FAMILIAR: 20% no 2º e posterior
- Clubs Baloncesto: 25% para Xogadores e monitores federados
- Descontos especiais: 50% de desconto Xubilados de máis de 65 anos e discapacitados. (Deberán presentar o documento acreditativo para optar ao desconto)
- Pais canteira: 50% de desconto aos pais da Canteira COB.
- Desempregados: 30% de desconto mostrando o certificado acreditativo actualizado expedido polo Servicio Público de Empleo Estatal (INEM-SEPE).
Os descontos non serán acumulables, sendo soamente aplicable un dos descritos polo abono.
Na bancada pista só será aplicable o desconto Familiar.