Justin Turner faise co MVP Estrella Galicia do mes de Febreiro
Justin Turner acada o galardón como mellor xogador do Clube Ourense Baloncesto durante o mes de Febreiro para os seareiros cobistas que premian así as grandes actuacións que tivo Justin.
O xogador américano, que promedia 13 puntos, 2 rebotes e 2 asistencias esta temporada, é unha das pezas angulares do proxecto de Félix Alonso e demostrouno nos encontros do pasado mes collendo máis responsabilidade no xogo do equipo.
Justin quixo agradecer a toda a afección o apoio que recibe en cada encontro e espera que todo o mundo vaia ao Paco Paz nos vindeiros partidos xa que necesitan os folgos dos afeccionados.
Noraboa Justin polo teu MVP Estrella Galicia do mes de Febreiro.
NOTICIAS RELACIONADAS