Isaac Vázquez, sangue ourensana que da o salto ao clube da súa cidade

22 de Abril del 2024
Comparte

Isaac Vázquez, nado en Ourense o 10 de outubro de 2004, e o Clube Ourense Baloncesto chegan a un acordo para lucir as cores do equipo da súa cidade, do que é seareiro dende pequeno, durante as próximas 4 tempadas.

Isaac, formado no Solgaleo Bosco Salesianos disputou a súa última tempada na liga EBA na que mediou 17 puntos, 6,8 rebotes e case 21 puntos de valoración para ser o terceiro xogador con maior media neste aspecto da súa liga.

É un xogador en progresión ascendente e gran futuro, cun importante pedigrí cobista xa que é fillo de Sony Vázquez, que foi durante tantos anos o noso xogador e capitán.

O talentoso xogador da nosa terra convértese así na terceira peza para a temporada 2024-2025

Benvido Isaac!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar