Ivica Radic escollido MVP Estrella Galicia da tempada

13 de Mayo del 2024
Comparte

O xogador croata Ivica Radic foi elixido como Xogador Estrella do Ano gracias ás dúas victorias nas votacións da afección e estar entre os escollidos nas votacións de varios meses.

O pivot foi un dos pilares do equipo nesta campaña, aportando nas dúas zonas con 11,2 puntos, 6,3 rebotes e 1 asistencia en 24 minutos de media para valorar 12,6.

Ivica recolleu o trofeo que o acredita como Xogador Estrella do ano e quixo ter unas palabras para todos: “Quero agradecer aos meus compañeiros e a todo o corpo técnico por axudarme a desenvolver o meu xogo e pola confianza depositada en min. E, sobre todo, quero dar as grazas a toda a afección cobista polo seu apoio durante todo este ano. Os seus folgos en cada partido déronme as forzas para dalo todo na pista”.

Co Xogador Estrella do ano tamén queremos recordar aos outros xogadores que acadaron o galardón de Xogador Estrella do Mes: Ivica Radic (2), Samu Rodríguez (2), Justin Turner (2) e Romaro Gill.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar