A campaña de abonados segue en marcha cun bo ritmo de renovacións e novas altas.

03 de Junio del 2024
Comparte

A primeira fase que rematará o 21 de Xuño vai dirixida a tódolos socios do ano pasado para que poidan renovar o seu abono mantendo o mesmo prezo que na anterior campaña.

As renovacións poden levarse a cabo nas oficinas do Club e, no caso de non ter ningún desconto, na nosa páxina web no apartado de TaquillaCOB.

Os socios tamén teñen a posibilidade de que o seu abono lle salga GRATIS traendo novos socios, xa que por cada un terá un 25% de desconto ata o 100% do seu abono. (O desconto do 25% é sobre o valor do carnet do novo socio polo que para que sea gratis tería que traer a catro novos socios cun abono do mesmo valor que o do socio antigo).

Os novos socios tamén poden facer o seu abono nas oficinas cos novos precios da tempada 2024-2025

Pack do cobista

Ademáis, tódalas persoas que queiran poderán mercar a bufanda oficial e reservar a nova camiseta de algodón que sairá en próximas datas a precios moi especiais.

• Bufanda: 10 Euros

• Camiseta: 15 Euros

• Camiseta + Bufanda: 18 Euros

*A camiseta será similar á da imaxen pero en cor azul e a serigrafía en amarelo.

HORARIO OFICINAS

• Lunes-Xoves: Mañá:  9:00 - 13:00 horas Tarde: 15:30 - 19:00 horas

• Venres: 9:00 - 13:00

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar