Ampliase a Campaña de Renovacións ata o martes 25 de xuño

23 de Junio del 2024
Comparte

A campaña de abonados está sendo un éxito e a maioria dos socios xa renovaron o seu carnet para a tempada 2024-2025. 

É por isto que queremos ampliar o prazo dous días máis para que ningún socio quede sen a posibilidade de renovar o seu abono ao mesmo prezo do ano pasado. Polo que os poucos socios que aínda non renovaron o carnet terán a posibilidade de facelo o luns 24 e o martes 25 de xuño.

Recordade que por cada socio novo que traigades desfrutaredes dun 25% de desconto respecto do abono de menor valor polo que traendo 4 socios novos o teu carnet pode sairche gratis.

Dende o Club Ourense Baloncesto seguimos traballando para medrar en masa social e afianzar un proxecto a medio plazo que permita que o baloncesto ourensano ocupe o lugar que merece.

#ENCHAMOSOPAZO #FORZACOB

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar