O galego Martín Fernández convértese no quinto xogador do Club Ourense Baloncesto para a tempada 2024-2025

26 de Junio del 2024
Comparte

O Club Ourense Baloncesto fai oficial a fichaxe de Martín Fernández Carballo (Vilagarcía, 5 de decembro do 2001). O Club e o xogador acadaron un acordo para que o vilagarcián defenda as cores cobistas na campaña 2024-2025.

Martín, que mide 1,94 cm de altura, ven de destacar en Albacete Baloncesto na LEB Prata, converténdose nun dos xogadores máis destacados da súa conferencia cuns números moi notables. O escolta mediu 15,7 puntos, 4,8 rebotes e 2 asistencias en 27.8 minutos de xogo na súa última tempada co equipo albaceteño.

O galego, que comezou a súa carreira aos 9 anos, destacou en EBA, disputou o Campionato de España Júnior e chegou a debutar en ACB. Na última campaña foi TOP 4 xogadores máis valorados da LEB Prata con tan só 22 anos mostrando o seu potencial.

“Estamos moi contentos de incorporar a Martín Fernández ao noso proxecto. É un xogador xove que encaixa á perfección na nosa filosofía de apostar polo talento nacional. Ven de facer unha marabillosa campaña, con moita responsabilidade, no seu equipo e demostrando que está máis que preparado para competir na Primeira FEB. Vainos a aportar moitos matices xa que non é un escolta puro, senón que pode disputar minutos ao 1, por manexo de balón, e tamén ao 3, por físico. É un xogador moi vertical, que se move perfectamente sen balón e sempre é unha ameaza dende o perímetro cun tiro exterior que mellora tempada tras tempada. Defensivamente é un xogador que pode emparellarse tanto con xogadores máis pequenos como máis grandes aportándonos unha gran versatilidade”, declarou Moncho López, encantado de contar coa perla arousá.

O Club Ourense Baloncesto segue a construír as bases do proxecto apostando polo talento galego e incorporando a xóvenes con ambición e fame para seguir medrando co obxectivo de acadar as cotas máis altas.

BENVIDO MARTÍN.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar