O Club Ourense Baloncesto e Hyundai-Hyupersa chegan a un acordo de patrocinio
Hyundai-Hyupersa convértese no novo provedor oficial de vehículos do Club Ourense Baloncesto.
A marca surcoreana aposta, así, polo baloncesto na cidade, entregandolle aos xogadores os novos modelos híbridos do Hyundai Tucson e Hyundai Kona de sobra coñecidos pola sua fiabilidade, tecnoloxia avanzada e comodidade e que recolleron no concesionario de Hyundai-Hyupersa situado na Carretera de Vigo 26, Quintela, Ourense.
A presentación oficial da nova flota de coches cobistas terá lugar nos próximos días nun acto no que estarán presentes tanto os xogadores do Club Ourense Baloncesto como os directivos de Hyundai-Hyupersa Ourense.
Ademais da entrega de vehículos, Hyundai-Hyupersa estará presente tamén ao longo da tempada nas accións publicitarias do Club fortalecendo os lazos entre a marca, o club e os afeccionados. Este patrocinio subliña a aposta de Hyundai polo deporte e compromiso cos valores de esforzo, dedicación e traballo en equipo que representa o Club Ourense Baloncesto.