O Club Ourense Baloncesto supera a súa primeira proba de preparación

31 de Agosto del 2024
Comparte

Este COB xa carbura! Tralo partido-adestramento e con tan só duas semanas de preparacion. Os nosos desplegaron un baloncesto valente, sen medo e con fundamentos. O traballo de Moncho está a dar os seus frutos, cun plantel comprometido ao 100% co proxecto.

Declaracións de Moncho López: "Estou moi satisfeito co primeiro test de pretempada, pese a chegar con moito traballo e carga nas pernas o equipo foi capaz de xogar cun tono defensivo moi alto contra un  dos mellores equipos da categoría.

Os dous equipos estamos ao mesmo nivel de preparación pero o máis importante é que imos cumplindo o que propuxemos, competir contra todos, xogar cara a cara e en ataque ser un equipo moi solidario que reparte moito o balón, esto fixo que hoxe tivéramos unha anotación moi alta. O que máis me agradou foi o traballo defensivo dos nosos contra un equipo do enorme talento do San Pablo Burgos."

Tras este primeiro partido-adestramento os nos rapaces comezan un pequeno descanso até o luns onde retomarán de novo as dúas sesións diarias de cara a preparase a unha temporada que cada vez queda menos e un encontro da Copa Primera Feb que comezará para nós o próximo venres día 7 fronte ao Obradoiro en Santiago.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar