Viaxes Low Cost convértese na axencia de viaxes oficial do Club Ourense Baloncesto.

02 de Septiembre del 2024
Comparte

A axencia de viaxes Viaxes Low Cost e o Club Ourense Baloncestos chegaron a un acordo de colaboración e esta organizará tódolos desplazamentos do equipo tanto en tren como en avión durante a tempada 2024/2025.

Viaxes Low Cost, situada en Rúa Concordia 4, Ourense, conta con amplia experiencia no sector sendo un dos referentes da cidade na organización de viaxes ofrecendo solución adaptadas ás necesidades do equipo e garantindo a máxima comodidade e puntualidade en cada un dos seus desprazamentos.

O presidente do Club Ourense Baloncesto, afirmou que "estamos moi satisfeitos de contar coa colaboración de Viaxes Low Cost. Este acordo non só nos permitirá mellorar a nosa loxística, senón tamén reforzar o vínculo coa nosa afección, xa que poderemos xestionar con maior facilidade os desprazamentos a partidos fóra de casa."

Con este acordo, o Club Ourense Baloncesto asegura un soporte clave para os seus desprazamentos durante a tempada, o que poderá ter un impacto positivo no rendemento do equipo, especialmente nos encontros que se disputen fóra de casa. A colaboración entre ambas entidades tamén fortalecerá a presenza de Viaxes Low Cost na cidade de Ourense e na comunidade deportiva local.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar