O Club Ourense Baloncesto buscará seguir invicto ante Alega Cantabria

11 de Octubre del 2024
Comparte

O Club Ourense Baloncesto enfrontarase, mañá sábado ás 19:00 horas no Paco Paz, a Alega Cantabria na xornada 3 da Primeira FEB.

O equipo cobista quere unha vitoria máis ante a súa xente para manter a condición de invicto. Diante terá a un Alega Cantabria que parece terlle collida a medida ao Pazo no que conseguiu imporse nas dúas últimas tempadas.

Os de Moncho López afrontan este partido tras unha boa semana de adestramento coa mala nova da escordadura de nocello de Rafa Lisboa a última hora e pola que se perderá o partido ante o seu exequipo.

A boa nova será o redebut de Sergio Rodríguez co Club Ourense Baloncesto, xogador cunha contrastada carreira deportiva, e que sumará calidade e bos minutos á plantilla cobista.

Podes ver a rolda de prensa previa de Moncho López a continuación:

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar