Si, si, si, a terceira xa está aquí

O Club Ourense Baloncesto vence a Alega Cantabria por 93-65 no partido correspondente a xornada 3 da Primeira FEB.
Comezaba o partido e ambos equipos equipos trataban de impor o seu ritmo mais foi o conxunto cobista o que pouco a pouco ia collendo distancia no marcador tras boas accións defensivas culminadas en casnasta o que obligaban ao adestrador visitante a parar o partido. Tralo tempo morto non perdía a concentración o equipo ourensano e cuns minutos moi serios acadaron a máxima vantaxe para finalizar os primeiros 10 minutos cun marcador de 28-18.
Atragantábaselle o comezo do segundo cuarto ao COB que non conseguía anotar e recibía un parcial de 0-5 en contra o que obligaba a Moncho Lopez a parar o encontro para reconducir a situación. Mais o equipo ourensano non era o do final do primeiro cuarto e via como Cantabria acercábase máis e máis no marcador para encarar o túnel de vestiarios a tan só dous puntos arriba, 41-39.
Tralo paso polos vestiarios volvía a cambiar o guión do partido e o Club Ourense Baloncesto volvía a dominar coa axuda dun Pazo volcado co equipo. Os de Moncho López cunha defensa moi intensa provocaba os erros do rival e cun Krikke estelar volvía a marcharse no marcador para establecer unha nova vantaxe máxima en 14 puntos e coller un pequeno colchón de cara os 10 minutos finais.
No último cuarto saíu en tromba o conxunto ourensán e cun parcial de 15-4 deixaba o partido prácticamente sentenciado. Todos os xogadores anotaban e a comunión co público era total. O Pazo vivía unha festa e disfrutaba do xogo do equipo. A terceira victoria consecutiva quedaba no Paco Paz grazas a un traballo de equipo espectacular.
Fotos: Darío Eyré e Carlos Domarco