O Club Ourense Baloncesto vence a CB Naturavia Morón e consigue a quinta da tempada
O Club Ourense Baloncesto foi quen de imporse ao CB Naturavia Morón por 99-66 na xornada 6 da Primeira FEB no encontro disputado no Paco Paz.
Desde o primeiro cuarto, o COB marcou o ritmo do partido, dominando en ataque e amosando unha defensa eficaz que complicou as opcións de anotación do Morón.
Co paso dos minutos, o equipo ourensán foi incrementando a súa vantaxe ata acadar unha distancia case insuperable para o Morón. A pesar dos esforzos do equipo visitante, O Club Ourense Baloncesto mantiña a intensidade tanto en ataque como en defensa e da man da afección local foron capaces de selar a vitoria por unha ampla marxe.
O marcador final de 99 a 66 reflexa a superioridade froito do traballo en equipo coas boas actuacións individuais de Diogo Brito, Aanen Moody e Sergio Rodriguez.
Con esta vitoria o COB sigue mirando cara arriba e durmirá líder esperando o que faga San Pablo Burgos no día de mañá.
O próximo encontro do Club Ourense Baloncesto será o próximo venres ante Amics Castelló.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.