O Club Ourense Baloncesto medirase ao Tizona Burgos nun atractivo partido
O Club Ourense Baloncesto enfróntase a Tizona Burgos mañá domingo ás 12:30 no Paco Paz no partido correspondente á xornada 9 da Primeira FEB.
O COB chega a este partido buscando unha nova vitoria fronte o seu público que reforce a súa posición na clasificación e lle dea confianza para os partidos que están por vir. Pola súa banda, o Tizona Burgos, un rival directo na loita polos postos de privilexio, promete poñer as cousas difíciles, presentando un equipo sólido e en boa forma.
O equipo chega con boas sensacións tras unha semana de adestramento intensa na que houbo que lamentar a pequena lesión de Ben Krikke que fará que sexa dúbida ata última hora.
O encontro promete ser unha batalla intensa, con dous equipos que buscarán impoñer o seu xogo desde o inicio e no que o Pazo, e a afección cobista, serán, unha vez máis, parte fundamental para lograr unha nova vitoria.
Non faltes! Este domingo, ás 12:30, Ourense necesita da túa enerxía. Todos xuntos para formar o equiPAZO!
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.