A solidaridade tamén estará presente o venres no Pazo

17 de Diciembre del 2024
Comparte

Este venres tes unha cita no Paco Paz para o encontro que disputará o Aircargobooking Ourense contra o Betis Baloncesto ás 21:00 horas.

Mais non será un partido calquera xa que, como todos os Nadais, teremos o Partido Solidario

Nas entradas ao Pazo estará a Asociación Xuvenil Amencer levando a cabo a Operación Quilo polo que vos pedimos que traiades alimentos non perecedeiros e que, entre todos, #Quilaboremos coas familias de Ourense.

Tamén terá lugar, durante o descanso do partido, unha iniciativa que foi novidade o ano pasado e que, grazas a vosa solidaridade, tivo un gran éxito; a Chuvia de Peluches. 

Polo que este venres apelamos a esa solidaridade que vos caracteriza para que, ademáis de vivir a festa do baloncesto, tamén COBlaboredes.

#EnchamosOPazo de solidaridade

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar