O Aircargobooking Ourense enfróntase ao UEMC Real Valladolid Baloncesto

03 de Enero del 2025
Comparte

O Aircargobooking Ourense quere empezar o ano como o rematou, cunha nova vitoria. Diante terá ao UEMC Real Valladolid Baloncesto, ao que se enfronta nesta xornada 15 da Primeira FEB.

O equipo ourensán viaxa co obxectivo de consolidar o seu grande inicio de tempada e seguir sorprendendo como un dos conxuntos máis regulares do campionato. Para elo, Moncho López conta con tódolos efectivos, a excepción de Samu Rodríguez.

Por outra banda, o UEMC Real Valladolid Baloncesto, chega nunha situación delicada na clasificación, pero con boas sensacións tras vencer a Obradoiro na Copa España, e con novos reforzos como é o caso do pivote Josh Emballa.

O que está claro é que será un partido moi difícil e competido no que os xogadores do Aircargobooking Ourense terán que manter a concentración durante todo o encontro e non baixar a intensidade defensiva nin un segundo se queren colleitar a terceira vitoria consecutiva.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar