Contra todo e contra todos, ouvea con nós! FAITE SOCIO
A segunda volta promete emocións fortes, xa que polo Pazo pasarán algúns dos rivais máis importantes e históricos da categoría aos que poderás asistir dende TAN SÓ 8 Euros/partido, frente aos 14 euros que custa unha entrada. Entre os encontros destacados, o Aircargobooking Ourense recibirá aos grandes favoritos ao ascenso como o Movistar Estudiantes, Zunder Palencia ou San Pablo Burgos. Ademais, recibimos ao Monbus Obradoiro para vivir de novo un apaixonante derbi galego. Se te fas socio durante esta semana, tamén poderás disfrutar do partido da primeira volta ante Flexicar Fuenlabrada.
Moncho López destacou a importancia da afección como o “sexto xogador” que pode marcar a diferenza nos momentos clave. “O apoio do público no Pazo é fundamental para o equipo. Queremos que a cidade de Ourense se sume ao soño e viva con nós cada partido como unha final”, sinalou o adestrador cobista.
O capitán do equipo Diogo Brito tamén quiso deixar unhas palabras “para nós, como xogadores, contar cun Pazo que empurra dende o minuto un é fundamental. Temos moi claro que si o público segue vindo ao Pazo e animando como ata agora, vamos a darlles moitas alegrías no que queda de tempada.”
Con esta campaña, o Aircargobooking Ourense busca non só reforzar o seu apoio nas bancadas, senón tamén consolidar un proxecto deportivo que aspire a manterse na parte alta da táboa e así meterse de novo nos play offs para subir a liga ACB.
Agora, o Pazo prepárase para vibrar novamente. Os partidos que se aveciñan serán cruciais, e o club quere contar coa súa afección máis fiel para transformar cada encontro nunha festa do baloncesto.
Pásate por oficinas, fai o teu abono e non perdas a oportunidade de apoiar ao Aircargobooking Ourense nesta ilusionante segunda volta. (non se pode realizar online)
Horario:
Luns-Venres: 9:00 - 13:00 e 15:30 - 19:00
Sábado: 10:00 - 13:00 e 15:30 en adiante
Prezos accesibles para todas as idades
A directiva do club aposta por unha política de prezos populares para que todo o mundo poida gozar do baloncesto de alto nivel, sendo dos abonos máis económicos de toda a liga. Os abonos da segunda volta están dispoñibles en dúas modalidades: Pista (máis preto da cancha) e Grada (zonas superiores), con prezos adaptados ás distintas franxas de idade.
O club aposta por facilitar o acceso a todo o mundo, co obxectivo de crear un ambiente familiar no Pazo. “Queremos que todos os ourensáns sintan o Pazo como a súa segunda casa e vivan unha experiencia única en cada partido”, afirmou o Presidente do Aircargobooking Ourense.
Por último reseñar que haberá descontos respecto aos seguintes prezos para xubilados, parados, persoas con diversidade funcional, federados e pais de canteira.
Pista | Grada | |
Senior | 85€ | 72,5€ |
Joven | 50€ | 37,5€ |
Infantil | 25€ | 20€ |
Pre-Infantil | 25€ | 7,5€ |