O Aircargobooking Ourense cae ante Hestia Menorca nun final axustado

01 de Febrero del 2025
Comparte

O Aircargobooking Ourense non puido levar a vitoria ante o Hestia Menorca. O partido decidiuse nos últimos minutos a favor dos visitantes (77-81). O equipo ourensán comezou con bo ritmo, pero un terceiro cuarto desfavorable complicou as súas opcións de triunfo.

O primeiro cuarto foi unha mostra de intensidade por parte dos dous conxuntos. O Aircargobooking Ourense saíu cunha boa posta en escena, dominando o rebote e atopando boas opcións no ataque. A pesar diso, o Hestia Menorca mantívose no partido, evitando que os locais abrisen unha fenda importante (21-19).

No segundo cuarto, o equipo menorquino empezou a atopar mellores sensacións. O seu acerto no tiro exterior e unha defensa máis compacta frearon aos ourensáns, que non puideron manter a súa fluidez ofensiva. A pesar diso, a igualdade continuou reinando no marcador ao descanso (37-38).

Á volta dos vestiarios, o Hestia Menorca mostrou a súa mellor versión. Cun parcial de 13-22, os visitantes tomaron o control do xogo, aproveitando erros en ataque do Aircargobooking Ourense. O equipo local viuse obrigado a remar contra corrente tras un cuarto onde non atopou o seu mellor nivel ofensivo.

No último período, os ourensáns deron un paso adiante e loitaron ata o final. recurtaron distancias e chegaron empatados ao último minuto, pero a mala toma de decisións nos intres importantes e unha canastra de Cone faltando 4 segundos déronlle a vitoria aos visitantes.

O seguinte encontro será o próximo día 8 ante Caja Rural Zamora. Recorda que podes viaxar connosco e vivir o partido en directo. Anótate nas oficinas!

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar