Aanen Moody escollido MVP Estrella Galicia do mes de febreiro

10 de Marzo del 2025
Comparte

A nosa afección recoñeceu o destacado rendemento de Aanen Moody, otorgándolle o título de MVP Estrella Galicia do mes de febreiro.

Este é o primeiro recoñecemento deste tipo para Moody, que está a demostrar a súa importancia no xogo do Aircargobooking Ourense grazas ao seu gran acerto ofensivo. Na tempada actual, promedia 13,4 puntos, 2,9 rebotes e 1,3 asistencias por encontro, cun impresionante 45,8 % de acerto en triples.

Ao recibir o galardón, Aanen expresou: "Quero agradecer aos seareiros polo seu apoio constante e pola confianza que depositan en min e no equipo. Este recoñecemento é unha motivación extra para seguir traballando e mellorando cada día".

Parabéns, Aanen, polo teu primeiro MVP Estrella Galicia! Seguiremos desfrutando do teu talento en cada partido.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar