O Aircargobooking Ourense enfréntase ao Monbus Obradoiro nun derbi clave no Paco Paz

14 de Marzo del 2025
Comparte

O Aircargobooking Ourense recibe ao Monbus Obradoiro ás 20:00 h no Paco Paz nun derbi que promete emocións fortes. Máis aló da rivalidade, o encontro preséntase como unha oportunidade para reverter a dinámica do equipo e recuperar sensacións nun momento complicado da tempada.

A pesar de que os últimos resultados non foron os esperados o equipo é consciente da importancia deste partido polo que xogadores e corpo técnico levan estes días preparando o encontro coa máxima intensidade, buscando atopar as claves para competir de ti a ti ante un dos equipos máis sólidos da competición.

As claves do partido pasarán por xogar en equipo, sendo solidarios tanto en ataque como en defensa e xogando con moita intensidade. Se os de Moncho López conseguen manter o equilibrio entre unha defensa compacta e un ataque fluído seguro que chegarán ao final con opcións de vitoria.

O que está claro é que hai un factor que pode marcar a diferenza: a nosa afección. O Paco Paz ten que ser un fortín, e para iso precisamos de todos vós. O voso apoio é fundamental para empurrar ao equipo cara á vitoria. Xuntos, somos máis fortes.

Co “todo vendido” case colgado, mañá, ás 20:00 h, temos unha batalla importante que librar. Vestide as vosas cores, animade sen descanso e facede que o Paco Paz sexa unha caldeira. O equipo dará o máximo na pista, e con vós na bancada, todo é posible. Contamos con vós!

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar