A COR NON IMPORTA

O Club Ourense Baloncesto presenta hoxe a súa nova campaña contra o racismo, "A COR NON IMPORTA", unha iniciativa pioneira a nivel mundial e que leva xestándose desde xa a pasada tempada e que se materializa agora con motivo do Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, celebrado o pasado 21 de marzo.
Esta campaña, encadrada na importante labor que está a levar a Área Social, baséase na firme convicción de que calquera día é idóneo para alzar a voz contra o racismo. Como club, o COB ten a responsabilidade de tomar partido na defensa dos Dereitos Humanos, dado o seu papel como referente para a mocidade. A denuncia e eliminación do racismo, da homofobia e da xenofobia debe ser unha prioridade para toda a sociedade, e o COB comprométese a utilizar todos os medios ao seu alcance para combater estas actitudes.
O obxectivo de "A cor non importa" é visibilizar o problema persistente do racismo no deporte e na vida cotiá. Para iso, a campaña desenvolverase ao longo de toda a semana con diversas accións:
- Apoio en redes sociais por parte de personalidades públicas e cidadáns anónimos.
- Difusión da campaña ao longo da semana en diferentes medios de comunicación e redes sociais.
- Poxa das camisetas de xogo utilizadas no partido. Toda a recadación irá destinada á asociación ProVivenda, que traballa na integración de persoas en situación de vulnerabilidade.
- Designación do partido contra Burgos como "Partido contra o racismo", coa invitación a todos os nenos de infantil e primaria dos colexios de Ourense para que asistan e formen parte da mensaxe de inclusión.
O clube entende totalmente o malestar xerado por esta iniciativa, o cal demostra a implicación e cariño que os nosos aficionados sinten polas nosas cores. A pesar das críticas, censuras ... non podemos mais que estar orgullosos da sua resposta, na maioría das casos educada e constructiva. Sen embargo, a frustración e o enfado que provocou esta acción na que só se falaba da cor dunha camiseta, debe facernos reflexionar sobre o horror cotián ao que moitas persoas se enfrontan ao longo da súa vida pola súa COR de pel ou polo seu orixe. Non podemos seguir ignorando esta realidade nin minimizar o seu impacto. O racismo mata, exclúe e destrúe vidas, e o silencio e indiferencia só o fortalece.
Desde o COB, reafirmamos o noso compromiso coa igualdade e coa loita contra o racismo, e animamos a toda a sociedade a sumarse a esta mensaxe: A COR NON IMPORTA.
Queremos tamén expresar o noso máis sincero agradecemento ao San Pablo Burgos por poñer todo da súa parte dende o primeiro día para que esta campaña puidese levarse a cabo.