O Aircargobooking Ourense organiza unha poxa benéfica coas camisolas de xogo da campaña A Cor Non Importa

O Aircargobooking Ourense continúa coa súa aposta polo deporte como ferramenta de cambio social e anuncia a poxa benéfica especial. As camisolas utilizadas polos xogadores no último partido de liga ante Silbö San Pablo Burgos enmarcado na campaña "A cor non importa" serán subastadas co obxectivo de recadar fondos para a Asociación Provivenda.
A poxa realizarase en liña a través da páxina web Ebay e estará aberta a toda a cidadanía que desexe participar e contribuír a esta causa solidaria.
Todos os beneficios acadados irán integramente destinados a Provivenda, unha entidade que traballa para garantir o acceso a unha vivenda digna para colectivos vulnerables, combatendo a discriminación e fomentando a integración social.
Desde o club, animamos a afeccionados e simpatizantes a sumarse a esta acción solidaria. Ademais de levar un recordo especial do equipo, os participantes estarán colaborando activamente cun proxecto que busca construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.
A Poxa comezará hoxe e durará 7 días. Unha vez finalizada o gañador poderá recoller a prenda nas oficinas do Club ou se lle enviará á dirección indicada co custo que aparece na web.
No seguinte enlace atoparás tódalas camisetas para facer a túa poxa: CAMISETAS A COR NON IMPORTA
Moitas grazas pola túa solidaridade