O Aircargobooking Ourense cae en Fuenlabrada tras un partido igualado

06 de Abril del 2025
Comparte

O Aircargobooking Ourense caeu na súa visita a terras madrileñas ante o Flexicar Fuenlabrada nun encontro moi disputado, no que os pequenos detalles acabaron decantando a balanza para o conxunto local.

O resultado final foi froito dun duelo intenso e igualado, especialmente na segunda metade, onde os nosos deron un paso adiante e estiveron a piques de culminar a remontada. O inicio foi esperanzador para os ourensáns, que dominaron o primeiro cuarto con seriedade e bo ritmo ofensivo.

Porén, no segundo cuarto, o Fuenlabrada logrou igualar o marcador, aproveitando erros puntuais e subindo a intensidade defensiva. Ao descanso, o partido marchaba nun puño.

Tralo paso polos vestiarios, os locais acadaron unha vantaxe importante no terceiro período, grazas á súa efectividade nos momentos clave e a certas imprecisións do noso lado.

Aínda así, o Aircargobooking Ourense non baixou os brazos e asinou un último cuarto vibrante. A falta de dous minutos para o remate, o equipo logrou poñerse a só 4 puntos, mantendo vivas as opcións de vitoria. Con todo, varias perdas de balón en momentos decisivos condicionaron as opcións de culminar a remontada, e o partido quedou finalmente en Madrid.

Agora toca traballar duro esta semana para o importantísimo partido do sábado no Paco Paz

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar