Concurso de Relato e Debuxo “Os valores no deporte”

07 de Abril del 2025
Comparte

O Club Ourense Baloncesto, en colaboración de Ibereólica, lanza un Concurso de Relato e Debuxo “Os valores no deporte”, dirixido ao alumnado dos centros educativos da cidade e da provincia de Ourense. A iniciativa busca fomentar a reflexión e a creatividade arredor dos valores que promove a práctica deportiva: traballo en equipo, respecto, esforzo, igualdade, superación ou compañeirismo, entre outros. O Club convidou a participar a máis de 50 centros educativos da provincia de Ourense. Os concursantes poderán presentar o seu traballo a través do centro educativo ou de forma individual.

CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN

O concurso está dividido en tres categorías segundo a idade:

  • Infantil (3 a 5 anos): Concurso de debuxo
  • Primaria (6 a 12 anos): Concurso de relato curto
  • Secundaria (12 a 16 anos): Concurso de relato curto

REQUISITOS E PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

Cada participante poderá presentar un único traballo, orixinal e centrado no tema “Os valores no deporte”.

Debuxos (categoría Infantil):

  • Técnica libre (lápis, rotuladores, acuarela, etc.)
  • Tamaño máximo: A4
  • O traballo debe ilustrar valores vinculados ao deporte

Relatos (categorías Primaria e Secundaria):

  • Extensión máxima:
    • Primaria: 500 palabras
    • Secundaria: 1.000 palabras
  • Formato: PDF, Word ou en papel
  • O texto debe tratar sobre valores deportivos

Data límite de entrega: 23 de abril de 2025

Os traballos poderán entregarse por correo electrónico a info@clubourensebaloncesto.com, ou presencialmente na sede do club, situada no Pavillón Paco Paz.

No asunto do correo deberá indicarse: “Concurso de Relato/Debuxo – (nome completo, data de nacemento e colexio)”

PREMIOS

Infantil (Debuxo): 

  • 1º Premio: xornada lúdica en Galiocio para o/a gañador/a e tres amigos/as
  • 2º Premio: cheque regalo Juguettos e camiseta do Lobo COB
  • 3º Premio: cheque regalo Juguettos e bufanda do club

Primaria (Relato):

  • 1º Premio: entrada VIP a un partido do COB e cea para catro persoas en Domino’s Pizza
  • 2º Premio: cheque regalo Juguettos e camiseta do Lobo COB
  • 3º Premio: cheque regalo Juguettos e bufanda do club

Secundaria (Relato):

  • 1º Premio: entrada VIP a un partido do COB e cea para catro persoas en Domino’s Pizza
  • 2º Premio: cheque regalo 4 Elementos e bufanda do COB
  • 3º Premio: camiseta e bufanda do club

AVALIACIÓN

O xurado valorará a creatividade, a coherencia, a orixinalidade e a capacidade de transmitir os valores do deporte. No caso dos debuxos, tamén se terá en conta a relación coa temática proposta.

ENTREGA DE PREMIOS

Os premios entregaranse no descanso do partido entre o Club Ourense Baloncesto e o UEMC Real Valladolid, que se disputará o 2 de maio de 2025 no Pavillón Paco Paz. A data será comunicada previamente ás persoas gañadoras, que estarán convidadas ao acto xunto co resto de participantes.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

Os traballos premiados poderán ser difundidos nos medios e redes sociais do club. A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases. Calquera aspecto non previsto será resolto polo xurado.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar