Caemos na nosa visita a terras cántabras

26 de Abril del 2025
Comparte

O Aircargobooking Ourense non puido sumar a vitoria na súa visita a Torrelavega, caendo ante o Grupo Alega Cantabria por 86-77.

O encontro comezou cun bo inicio do equipo ourensán, que entrou ao partido con intensidade e boas sensacións, pechando o primeiro cuarto cun 15-18 favorable.

No segundo cuarto, o Grupo Alega Cantabria deu un paso adiante, aumentando a súa intensidade defensiva e mellorando no acerto ofensivo. Con iso, lograron un parcial de 24-12 que lles permitiu marcharse ao descanso por diante no marcador.

Á volta dos vestiarios, os locais mantiveron o seu dominio sobre o xogo, ampliando a súa vantaxe cun terceiro cuarto favorable (25-19). O Aircargobooking Ourense tentou manterse no encontro, pero o control seguía sendo do equipo local.

No último cuarto, o Aircargobooking Ourense mellorou a súa prestación e, nos últimos minutos, protagonizou un achegamento no marcador que non foi suficiente xa que o conxunto cántabro soubo administrar a vantaxe adquirida e pechou o xogo sen complicacións. A pesar do esforzo e dun bo parcial final (22-28), a remontada non foi suficiente para evitar a derrota.

Esto non acaba aquí. Este sábado temos unha cita importantísima no Paco Paz e necesitámosvos.

Fotos: Ricardo Corpas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar