O Club Ourense Baloncesto e Grupo Ibereólica celebran o éxito do concurso de debuxo e relato

01 de Mayo del 2025
Comparte

O Club Ourense Baloncesto, en colaboración co Grupo Ibereólica, celebrou con gran satisfacción o éxito do seu concurso de debuxo e relato, que contou cunha gran participación de nenos e nenas de tódolos colexios de toda a provincia. A iniciativa, enmarcada dentro do programa “Padriños con Enerxía”, reafirma o compromiso compartido co deporte base, a educación en valores e o desenvolvemento sostible.

A través desta actividade, o Club Ourense Baloncesto e Grupo Ibereólica buscan fomentar conxuntamente a creatividade, a reflexión e o vínculo entre a mocidade e os valores positivos que representa o deporte, promovendo principios que ambas entidades comparten e defenden no seu día a día, como o respecto, o esforzo, a solidariedade e a responsabilidade social.

O éxito da convocatoria confirma o interese da comunidade educativa e deportiva por participar en propostas que unen cultura, deporte e formación en cidadanía activa. Desde o Club Ourense Baloncesto queremos agradecer o apoio de todos os centros escolares participantes, así como a implicación do profesorado e das familias, sen esquecer a aposta firme e constante de Grupo Ibereólica pola formación e o futuro da nosa mocidade.

Ademais, como parte da continuidade do proxecto, os relatos e debuxos gañadores poderán consultarse na páxina web www.padrinosconenergia.com, acompañados doutros contidos audiovisuais como vídeos dos xogadores do Club conversando cos equipos de canteira apadriñados, ofrecendo unha ollada directa ao impacto e valor desta iniciativa no día a día da base.

E isto só é o comezo xa que tamén “Padriños con Enerxía” continúa a medrar como un proxecto de referencia, achegando o deporte profesional á sociedade e xerando espazos para compartir, aprender e inspirarse.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar