Diogo Brito escollido MVP Estrella Galicia do mes de abril

Os afeccionados cobistas volveron escoller a Diogo Brito como MVP Estrella Galicia, nesta ocasión correspondente ao mes de abril, tras as súas grandes actuacións na recta final da liga regular.
O Conde da Póvoa do Varzim reafirmou o seu liderado no equipo, sendo decisivo tanto en tarefas defensivas como en momentos clave no ataque. Co seu carácter competitivo e a súa entrega en cada partido, Brito consolidouse como un dos xogadores máis regulares do COB neste tramo final de tempada.
O noso capitán quixo agradecer, unha vez máis, aos seus compañeiros e ao corpo técnico o traballo diario que lle permite render ao máximo nivel. Tamén tivo palabras de agradecemento para a afección cobista, destacando o seu apoio constante e os votos que fixeron posible este novo recoñecemento individual.
Parabéns Diogo polo teu segundo MVP Estrella Galicia da tempada.