A Gipuzkoa con toda a ilusión

08 de Mayo del 2025
Comparte

O Aircargobooking Ourense afronta este venres a última xornada da liga regular con todo en xogo. O equipo desprazarase ao Amenabar Arena para medirse ao Inveready Gipuzkoa nun encontro decisivo no que só vale a vitoria. Un triunfo por 8 ou máis puntos clasificaríanos para o playoff, polo que o partido adquire un ton de auténtica final.

O conxunto vasco chega lanzado a esta última cita, ofrecendo un gran nivel competitivo durante as últimas semanas. O seu xogo sólido, o equilibrio entre liñas e a capacidade para dominar o ritmo do encontro fan deles un rival moi esixente. Por iso, será clave que o Aircargobooking Ourense amose a súa mellor versión, tanto en intensidade defensiva como en acerto ofensivo.

Os xogadores e o corpo técnico chegan con ilusión e confianza, conscientes de que esta tempada foi unha carreira de fondo e de que agora queda un último esforzo para alcanzar o obxectivo. O equipo cre, está preparado, e sabe que o soño segue vivo.

Para que a afección tamén poida vivir esta xornada tan especial, o club instalará unha pantalla xigante no Pacito, onde se emitirá en directo o partido a partir das 21:00 horas. Unha oportunidade para xuntarse, animar e compartir a emoción deste momento co equipo, aínda que sexa desde a distancia.

Queda un paso. Imos con todo.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar