Carlos Jürgens, talento e carácter para o perímetro do COB

26 de Junio del 2025
Comparte

O Club Ourense Baloncesto incorpora ao base estoniano Carlos Jürgens (1,96 m, 26 anos) como novo reforzo exterior para a tempada 2025/2026. O xogador chega procedente do TalTech/Alexela, onde vén de completar a súa mellor tempada como profesional.

Internacional absoluto con Estonia e formado nos Estados Unidos, Jurgens destacou pola súa capacidade ofensiva e intensidade defensiva. Na campaña 2024–25 asinou unhas medias de 13,6 puntos, 4,2 asistencias, 2,6 rebotes e 1,2 roubos por partido, con grandes porcentaxes de acerto: 43,6 % en triples, 42,6 % en tiros de campo e 71,2 % dende a liña de persoal.

Formado durante cinco tempadas na NCAA con Oral Roberts University, foi un xogador clave nos Golden Eagles, participando no "March Madness" e adquirindo unha ampla experiencia no baloncesto de alto nivel nos EUA antes de dar o salto a Europa.

Destaca pola súa versatilidade para ocupar tanto posicións de base como de escolta, a súa capacidade para abrir o campo con lanzamentos exteriores e a súa lectura defensiva. Carlos Jurgens chega a Ourense no seu mellor momento deportivo, preparado para ser un xogador importante no novo proxecto ourensán.

AS VERBAS DE MONCHO

Carlos é un 'guard' moderno, capaz de xogar nas tres posicións exteriores; sería un erro definilo unicamente como base, escolta ou aleiro. Ten experiencia no baloncesto universitario estadounidense e en dúas ligas profesionais europeas, con bo rendemento en todos os contextos. Iso dálle unha base sólida para adaptarse rapidamente ao baloncesto español.

O máis salientable do estilo de Jürgens é a súa capacidade para adaptarse a distintos roles segundo as necesidades do equipo, destacando tanto pola súa visión de xogo como pola súa eficacia ofensiva. Ten unha mentalidade moi colectiva e unha habilidade de liderado pouco común para a súa idade. O seu enfoque de traballo, sempre orientado ao crecemento do equipo por riba do protagonismo individual, convírteo nun xogador moi valioso para a nosa filosofía de club.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar