O COB enfróntase ao Caja Rural Zamora no Ángel Nieto

10 de Octubre del 2025
Comparte

A competición non dá tregua. Este sábado, o Club Ourense Baloncesto visita o Pavillón Ángel Nieto para medirse ao Caja Rural Zamora, un dos equipos máis en forma deste inicio de liga. O conxunto zamorano suma dúas vitorias nas dúas primeiras xornadas e buscará prolongar a súa boa dinámica diante da súa afección.

O COB, pola súa banda, chega con confianza despois da importante vitoria no Paco Paz. O equipo dirixido por Moncho López segue consolidando o seu xogo e medrando como grupo, coa mesma actitude combativa que o caracteriza: competir, loitar e nunca renderse.

O choque promete intensidade e ritmo dende o salto inicial. O Zamora chega lanzado, pero os nosos lobos están preparados para dar a batalla e demostrar que tamén teñen moito que dicir nesta liga.

E o equipo non estará só. Dende Ourense viaxarán afeccionados para apoiar ao COB no Ángel Nieto e facer notar o seu alento tamén fóra da casa.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar