O COB enfróntase ao Grupo Caesa Seguros Cartagena no debut da Copa España

O Club Ourense Baloncesto afronta este martes, ás 20:45 horas, unha nova aventura. O Paco Paz será escenario do debut na Copa España, nun encontro que medirá aos ourensáns co Grupo Caesa Seguros Cartagena.
Aínda que esta fin de semana non houbo xornada de liga para o COB, o equipo non deixou de traballar. Foron sesións de preparación intensa, de axuste e concentración, coa mente posta en chegar ao martes na mellor forma posible.
O camiño nesta Copa España preséntase esixente, mais tamén ilusionante. Cada partido será unha oportunidade para seguir medrando, competindo e demostrando o carácter dun grupo que non deixa de crer.
A entrada será gratuíta para todas as persoas que leven a bufanda desta tempada, recollendo a súa invitación nas oficinas do Club
O Paco Paz volverá respirar baloncesto, paixón e identidade. Un novo reto comeza, e o COB quere vivilo coa súa xente.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS