Rafa Lisboa escollido Xogador Estrella Galicia do mes de outubro

05 de Noviembre del 2025
Comparte

A afección cobista volveu ter voz para escoller ao xogador máis destacado do mes, e nesta ocasión o recoñecemento recaeu en Rafa Lisboa, que foi nomeado MVP Estrella Galicia de outubro grazas ao seu gran rendemento neste inicio de tempada.

O base portugués converteuse nun dos motores do equipo, asumindo responsabilidades nos momentos decisivos e aportando claridade e ritmo ao xogo ofensivo. Ao longo dos encontros disputados neste incio de liga, Lisboa promediou 13,4 puntos por partido, cun 48,3% en tiros de campo e un excelente 90% desde a liña de libres, ademais de contribuír con 3 asistencias e 2,6 rebotes por encontro. Datos que confirman o seu impacto e regularidade sobre a pista. Co seu carácter competitivo e a súa capacidade para xestionar os tempos, Rafa consolidouse como unha das referencias do equipo neste tramo inicial da liga.

O xogador quixo agradecer o premio aos seus compañeiros, ao corpo técnico e, especialmente, á afección:

"É un orgullo ver o apoio da xente. Isto é un traballo de todos. Seguimos camiñando xuntos."

Parabéns, Rafa, polo teu primeiro MVP Estrella Galicia da tempada. Seguimos.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar