O COB recibe a Melilla co obxectivo de seguir invicto na casa

05 de Diciembre del 2025
Comparte

A Primeira FEB regresa este sábado ás 19:00 horas ao Pazo dos Deportes Paco Paz, onde o Club Ourense Baloncesto recibirá a Melilla Ciudad del Deporte nun novo compromiso ligueiro diante da súa xente. Un partido marcado polo reto deportivo, pero tamén por todo o que rodeará á xornada.

O COB quere manterse firme no seu fogar. O Pazo convertiuse nun bastión, nun lugar onde o equipo atopa unha enerxía especial, e o obxectivo é claro: alongar a condición de invictos diante da nosa afección e seguir facendo do Paco Paz un lugar inexpugnable.

Enfronte estará un rival con experiencia e talento, que obrigará ao máximo dende o primeiro minuto. Un deses partidos nos que cada detalle conta e nos que o apoio das bancadas pode marcar a diferenza.

E este sábado o Pazo será moito máis ca un partido. Haberá prezos especiais para facilitar que ninguén quede na casa, realizarase a tradicional recollida de alimentos da Operación Quilo, celebraremos tamén o cumpreanos do Lobo, e agárdanse moitas máis sorpresas pensadas para converter a xornada nunha auténtica festa do baloncesto en Ourense.

Equipo e afección, unha vez máis, chamados a camiñar da man.

Porque no Pazo, xuntos, somos máis fortes.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar