Kingsley Okanu seguirá no COB ata final de tempada

O Club Ourense Baloncesto fixo efectiva a cláusula de renovación de Kingsley Okanu, que continuará defendendo a camiseta cobista ata o remate da tempada 2025/26.
Dende a súa chegada, o pivote demostrou ser unha peza importante no xogo interior do equipo, achegando intensidade, presenza física e solidez defensiva, ademais de fiabilidade preto do aro.
Ata a data, Kingsley participou en 9 encontros de liga, cunha media de 15 minutos por partido, nos que está a promediar 8,6 puntos, 4,7 rebotes e unha valoración de 10,7, con un destacado 59,5% de acerto en tiros de dous.
Un rendemento que avala a confianza do club na súa continuidade para afrontar con garantías o o que resta da tempada.
Dende a entidade cobista celebramos a súa renovación e destacamos o seu compromiso co proxecto, convencidos de que seguirá achegando traballo, enerxía e rendemento ao servizo do equipo.
#VolveremosETiXaEstabas








