Derbi galego no Coliseum ante o líder da Primeira FEB
O Club Ourense Baloncesto afronta mañá, mércores, ás 20:45 horas un dos encontros máis especiais da tempada cun novo derbi galego, que se disputará no Coliseum da Coruña ante o Leyma Coruña, actual líder da Primeira FEB e único equipo que aínda non coñece a derrota na competición, acumulando dez vitorias consecutivas.
O COB chega a esta cita tras unha semana marcada pola suspensión do partido da pasada xornada ante o Flexicar Fuenlabrada, motivada por unha intoxicación alimentaria que afectou a oito dos dez xogadores dispoñibles do primeiro equipo. A recuperación foi progresiva ao longo dos últimos días e o equipo traballou para chegar ao encontro nas mellores condicións posibles dentro das circunstancias.
En fronte estará un Leyma Coruña en pleno estado de forma, decidido a defender a súa condición de invicto. Un conxunto sólido e regular, que esixirá máxima atención e intensidade ao longo de todo o encontro.
O derbi preséntase como unha nova proba para o COB nun escenario de máxima esixencia, no que será fundamental manter a identidade competitiva e o compromiso colectivo durante os corenta minutos.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS







