Día da IXP Mel de Galicia 2024

09 de Marzo del 2024
Comparte

O día 6 de Abril de 2024, día do derbi de ouro ante Leyma Coruña Basket, celebrarase no Paco Paz o día da IXP Mel de Galicia.

Ese día haberá un "photocall" habilitado no acceso da porta 1 no que vos poderedes sacar unha foto de familia e obsequiarásevos cun tarro de Mel de Galicia. Ademáis se subes a túa foto á plataforma habilitada pola Xunta entrarás no sorteo de lotes de Meles gañadoras da Cata de Meles de Galicia 2023.

Tamén faremos un concurso de debuxo para todas as nenas e nenos que queiran participar destas "Expericencias de Calidade". Para participar deberedes enviarnos un debuxo no que, ademáis de deixar sair o artista que levades dentro, plasmedes a vosa idea de ALIMENTACION SAUDABLE, VIDA SANA, DEPORTE E MEL DE GALICIA.

Cada participante neste concurso levará 2 invitacións para que nos acompañe no devandito partido. Disfrutará do encontro de baloncesto, poderá faer unha foto familiar no photocoll habilitado no mesmo Pavillón (e levar un tarro de Mel de Galicia de regalo), e ademáis de eso poderá ver o seu debuxo acompañado dos debuxos de tódolos participantes expostos nunhos taboleiros no interior do Paco Paz.

Os logotipos que podedes usar para os debuxos son os mesmos que aparecen nesta noticia.

O concurso divídese en dúas categorías, menores de 8 anos e maiores de 8 anos. Haberá tres premios para cada categoría. Valorarase a orixinalidade e o inxenio á hora de misturar ideas. Os premios consistirán en lotes de productos promocionais da Xunta de Galicia, productos do Clube Ourense Baloncesto e algunha sorpresa máis.

Os debuxos mandaránse á direccion de correo electrónico do clube: info@clubourensebaloncesto.com ou ben entregándoos nas oficinas no Paco Paz. A data límite para enviar os debuxos é o xoves 4 de abril.

Animádevos a participar desta bonita iniciativa cos nosos veciños da Coruña no que seguro será un día inesquecible.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar