Escolle o mellor quinteto histórico do Club Ourense Baloncesto.
Durante as próximas semanas queremos que escollades o mellor quinteto histórico do Club Ourense Baloncesto polo que cada luns sacaremos nas nosas redes unha enquisa para que seleccionedes ao voso xogador preferido en cada posición.
Entre tódolos participantes diarios que comenten co cancelo #BaseHistóricoCOB e porqué escollen a ese xogador, sortearemos a bufanda oficial do COB. Cada persoa pode participar unha soa vez.
Ademáis sortearemos un Xamon Selecta de Castaña de Coren entre tódolos seareiros que participedes nas cinco posicións.
Os bases propostos son: André Turner, Darrel Armstrong, Pedro Rivero e Nacho Suárez.
Podedes votar ata o venres ás 14:00h e publicaremos o gañador da bufanda á tarde. Recorda usar o cancelo: #BaseHistóricoCOB comentando por qué é o teu xogador favorito.