O Club Ourense Baloncesto cae derrotado ante CB Breogán na Copa Galicia
O Club Ourense Baloncesto cae derrotado ante o Río Breogan por 78-69 na semifinal da Copa Galicia disputada no Pazo dos Deportes de Lugo. O encontro disputado, e que conta cunha rivalidade histórica, non decepcionou en intensidade.
O COB, que chegaba ao partido coa intención de dar a sorpresa, mantivo un gran nivel competitivo durante gran parte do encontro. Guiados polo seu rigor defensivo e un ataque ben traballado con Rafa Lisboa á cabeza, os ourensáns fixeron fronte a un Breogán sólido, que soubo xestionar os momentos claves do partido grazas á súa experiencia e talento.
A igualdade predominou nos primeiros cuartos, cun COB que conseguiu dominar moitos tramos do partido, sobre todo na primeira mitade. Non foi ata o terceiro cuarto cando o equipo lucense conseguiu abrir unha brecha no marcador grazas ao acerto dende o triple aproveitando o desacerto ourensanista nesa faceta.
No último cuarto, o equipo lucense foise ata os 14 puntos de vantaxe mais o COB soubo reaccionar nos minutos finais e achegouse a 7 puntos e marrou un triple con dous minutos por xogarse e que puido facer que o equipo pelexase pola victoria final, pero o Breogán tirou de experiencia e non permitiu culminar a remontada e logrou o pase á final.
Agora, coa pretempada rematada, os de Moncho comezan esta semana a preparar o inicio de liga, xa que o sábado que ven ás 19:00 horas o equipo ten o primeiro partido no Pazo para inaugurar esta Primeira FEB.