Volve o Baloncesto ao Pazo, volve a Primeira FEB

27 de Septiembre del 2024
Comparte

O Club Ourense Baloncesto disputará mañá sábado o seu primeiro partido de liga no Paco Paz ante Odilo Cartagena para comezar a súa andadura nesta Primeira FEB que, a priori, será unha das máis competidas dos últimos anos.

Tras seis semanas de adestramentos e mostrar unha máis que ilusionante imaxe nos partidos de pretempada e Copa España, os de Moncho Fernández debutan mañá ás 19:00 horas ante a súa afección co obxectivo de ir a por todas dende o primeiro encontro.

Diante estará Odilo Cartagena, un recén ascendido que ven coas ganas de conseguir a súa primeira vitoria nesta categoría e que non llo porá nada fácil ó conxunto cobista. Prevese un partido de dous equipos que tentarán correr e imprimir intensidade ao xogo pa impoñer o seu ritmo e por o 1 no casilleiro de vitorias.

Moncho López analizou o encontro na rolda de prensa previa que podes ver a continuación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar