O Club Ourense Baloncesto suma unha segunda vitoria moi traballada ante Alimerka Oviedo

O Club Ourense Baloncesto consigue a segunda vitoria por 63-73 ante o Alimerka Oviedo en Pumarín na xornada 2 da Primeira FEB.
Comezaba o encontro cun ritmo altísimo no que as defensas eran máis efectivas que os ataques e a ambos equipos custaballe anotar con facilidade. O COB buscaba a Ben Krikke na pintura para manter o pulso a anotación colectiva de Alimerka Oviedo. 16-15 no marcador e todo por decidir.
Reanudábase o partido e o ambos equipos seguían cun ritmo moi alto, con gran intensidade defensiva. O Club Ourense Baloncesto tras duas accións defensivas culminadas en triple no ataque, marchábase ata os 8 puntos de vantaxe, mais reaccionaba Alimerka Oviedo e volvía acercarse ao marcador para irse aos túneles de vestiarios cun marcador de 30-35.
Tras o descanso saía mellor o Club Ourense Baloncesto e lograba porse por encima dos dez puntos de vantaxe por primeira vez no partido cun Aanen Moody eléctrico. Corrían os minutos e os asturianos non lle perdía a cara ó partido e pouco a pouco ían recortando a distancia para rematar o cuarto 50-58.
Saían os locais co cóitelo entre os dentes e cun parcial de 6-0 inicial achegábanse ata só dous puntos, polo que Moncho López paraba o partido. Reaccionaba o equipo da man dun Diogo Brito descomunal, acompañado de Ben Krikke, que se botou o equipo ás costas nos momentos máis difíciles e con tres triplas devolveu a vantaxe aos dez puntos para sumar unha nova victoria nunha cancha sempre complicada.
O próximo partido será o sábado 12 de outubro ante Alega Cantabria no Paco Paz.
Fotos: Carlos Garna