O Club Ourense Baloncesto presenta aos catro equipos vinculados de diversidade funcional

Esta tarde o Club Ourense Baloncesto, da man da Área Social, tivo o orgullo de presentar en Rocklife Crossfit aos catro equipos vinculados de diversidade funcional que vestiran as cores do equipo nas súas respectivas ligas.
Así pois, a Asociación As Burgas, Aspanas, ADO Ourense defenderan o azul e amarelo durante a próxima temporada en Special Olympics e Residencia Os Milagres o fará na Federación Galega de Deportes Adaptados.
O Club Ourense Baloncesto traballará man a man durante a tempada con estas asociacións tanto no Paco Paz como nos seus adestramentos para disfrutar todos xuntos dos éxitos colleitados.
Queremos dar as grazas en primeiro lugar a Rocklife Crossfit polo seu apoio un ano máis, e en segundo lugar, pero non menos importante, a estas catro asociacións coas que, ademáis de compartir camiño, tamén compartimos valores de superación, traballo en equipo e compañeirismo.
É un pracer poder anunciar acordos coma este.
#ForzaCOB #I(nc)LUSIÓN #ÁreaSocial