O Aircargobooking Ourense vence a Monbus Obradoiro no derbi galego

30 de Diciembre del 2024
Comparte

No emocionante derbi galego disputado este domingo no Multiusos Fontes do Sar, o Aircargobooking Ourense logrou unha vitoria clave contra o Monbús Obradoiro cun axustado marcador de 68-71. O partido, marcado por un intenso xogo serviu para consolidar ao equipo ourensán na clasificación.

O encontro iniciouse con ambos equipos loitando por impor o seu ritmo. O Obradoiro, animado pola súa afección, mostrou boa intensidade nos primeiros compases, pero atopábase cun Ourense moi disciplinado na súa defensa. O primeiro cuarto rematou cun axustado 16-20, reflectindo a paridade entre ambos conxuntos.

No segundo cuarto, o Aircargobooking Ourense aproveitou as perdas de balón do equipo local e a falta de acerto nos lanzamentos exteriores para tomar a dianteira no marcador e abrir as primeiras distancias. Pero o equipo local non lle perdía a cara ao partido e conseguían empatar a 32 a falta de 10 segundos para o descanso. Pero unha tripla de Diogo Brito sobre a bucina facía que o Aircargobooking Ourense fora aos vestiarios mandando no marcador 32-35.

Tras o paso polos vestiarios, o Obradoiro volveu á cancha coa intención de darlle a volta ao marcador pero o Aircargobooking Ourense seguía moi ben plantado na pista e no permitía aos de Félix Alonso poñerse por diante e controlaba o ritmo de partido e o marcador por 52-54.

O derradeiro cuarto foi un ir e vir constante. Sergio Rodriguez, con dez puntos anotados neste cuarto, facíalle moito dano aos locais no poste baixo. Mais o Obradoiro non se deu por vencido e cunha tripla empataba o partido a 66 a falta de dous minutos e obrigaba a Moncho López a pedir tempo morto. Tras o parón o Aircargobooking Ourense non se puxo nervioso e cunhas boas defensas e o acerto en ataque conseguían unha pequena vantaxe que acabou por ser decisiva. A falta de 5 segundos e tres arriba, Marvin Ogunsipe marrou os dous tiros libres que mataban o partido definitivamente pero Sergi Quintela non foi quen de anotar a tripla que mandaba o partido a prórroga e o Aircargobooking Ourense impuñase neste derbi para ledicia de tódolos afeccionados desprazados e que non deixaron de animar nin un segundo.

O próximo partido será o sábado 4 de xaneiro ante Valladolid Baloncesto.

Feliz ano a todos!

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación

Fotos: Monbús Obradoiro

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar