O Aircargobooking Ourense e Podoactiva renovan o seu acordo de colaboración

O Aircargobooking Ourense anuncia con orgullo a renovación do seu acordo de colaboración con Podoactiva, empresa líder en podoloxía e biomecánica.
Esta renovación consolida unha alianza estratéxica que reflicte o compromiso de ambas as dúas entidades coa saúde, o rendemento e o benestar dos deportistas. Dende o inicio desta colaboración, Podoactiva converteuse nunha peza clave no apoio aos xogadores do Aircargobooking Ourense. Grazas á súa innovación tecnolóxica e ao seu equipo especializado, a empresa contribuíu a optimizar o rendemento dos atletas mediante estudos biomecánicos personalizados, plantillas feitas a medida e asesoramento técnico.
“Estamos encantados de renovar esta colaboración cun referente como Podoactiva. Compartimos a visión de que o coidado da saúde dos nosos deportistas é fundamental para acadar o éxito no terreo de xogo”, declarou Eduardo Villar, o presidente do Aircargobooking Ourense.
Ademáis, grazas a Podoactiva, tódolos socios poderán desfrutar de descontos exclusivos.
Así que xa sabes, acude á Unidade Podoactiva Clínica Teknos, na rúa Arturo Pérez Serantes, 1-3 baixo, Ourense, e coida a túa saúde.
Esta renovación reafirma o compromiso do Aircargobooking Ourense con ofrecer as mellores condicións aos seus deportistas e mantén o club na vangarda do coidado deportivo. Sen dúbida, unha alianza que seguirá dando grandes froitos no futuro.