O Aircargobooking Ourense e Arume únense pola causa animal. COLABORA!

A asociación protectora de animais Arume, formada por voluntarios entregados ao benestar dos peludos, e o Aircargobooking Ourense únense para facer un chamamento á solidariedade da cidadanía. O obxectivo? Recoller produtos e recursos esenciais para cans e gatos que agardan por unha nova oportunidade de vida.
Como podes axudar?
- Con Arume:
- Fai unha doazón a través de PayPal en: ventasproanimales@gmail.com
- Colabora mediante transferencia bancaria:
- Titular: Asociación Protectora de Animais Arume
- IBAN: ES19 3070 0039 0663 2659 2422
- Convírtete en socio/a da asociación para axudar de forma regular.
- Faite TEAMING: www.teaming.net/protectora-de-animalesarume
- Co Aircargobooking Ourense:
- Entrega produtos ou alimentos para cans e gatos nas oficinas do club.
- Contribúe no peto solidario dispoñible nas oficinas do Aircargobooking Ourense.
Produtos necesarios:
Alimentos secos e húmidos, camas, mantas, produtos de hixiene, xoguetes e calquera outro material que poida mellorar a vida dos animais.
Ademais, faise un chamamento urxente para atopar novas casas de acollida temporais. Estas familias son imprescindibles para ofrecer aos animais un fogar onde sentirse queridos e seguros mentres agardan por unha adopción definitiva.
Premio á solidariedade
Como mostra de agradecemento, todas as persoas que colaboren entrarán no sorteo dunha camiseta oficial de xogo asinada por todos os xogadores e o corpo técnico do Aircargobooking Ourense.
Demostremos, unha vez máis, que a solidariedade en Ourense non ten límites!