O Aircargobooking Ourense quere reaccionar ante Grupo Ureta Tizona Burgos

O Aircargobooking Ourense afronta unha esixente visita ao Plantío, onde mañá ás 12:30 se enfrontará ao Grupo Ureta Tizona Burgos nun novo reto ligueiro. O conxunto ourensán buscará comezar marzo cunha vitoria que deixe atrás a mala xeria de resultados e xogo ante un dos equipos máis sólidos da categoría.
O Tizona Burgos, un equipo que destaca pola súa intensidade chega ao encontro tras gañar na prórroga ao Valladolid. O Aircargobooking Ourense, pola súa banda, intentará impoñer o seu ritmo e atopar as mellores opcións en ataque para superar a presión dos locais. Ademais, o equipo ourensán busca recuperar sensacións tanto na intensidade defensiva como no xogo colectivo, factores nos que destacaba e que non acabaron de aparecer nos últimos encontros.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación