O Aircargobooking Ourense vence a Tizona Burgos cun triplazo sobre a bucina

02 de Marzo del 2025
Comparte

O Aircargobooking Ourense acadou unha vitoria épica no Polideportivo El Plantío, derrotando ao Grupo Ureta Tizona Burgos (83-84) cun final digno de película. O heroe foi Aanen Moody, quen, con un triplo desde 8 metros con 5 segundos no reloxo, selou unha vitoria memorable para o equipo galego. 

O partido comezou cun gran primeiro cuarto do Aircargobooking Ourense, que saíu moi enchufado en ataque e soubo castigar a defensa local para levar o parcial con claridade (22-30). No segundo período, o Tizona Burgos reaccionou e axustou a defensa, equilibrando o xogo e recurtando lixeiramente a diferenza con un 20-19, deixando o marcador en 42-49 ao descanso. Tras o paso polos vestiarios, o Ourense mantivo a intensidade defensiva e, aínda que ambos os equipos tiveron problemas para anotar, os galegos volveron gañar o parcial (14-19), estirando a súa vantaxe ata os 56-68 antes do último cuarto.

Co partido moi de cara para os visitantes, o Tizona Burgos protagonizou unha gran reacción no último período. Co apoio da súa afección, os locais elevaron o ritmo e completaron un espectacular 27-16, chegando a poñerse por diante nos segundos finais. Pero aínda quedaba a última palabra...

Nos últimos intres do encontro, o Ourense viuse dous puntos abaixo e con só cinco segundos por xogarse Diego Gómez pedía tempo morto para preparar a última xogada. Sacaba de banda Rafa Lisboa para Ben Krikke que deixaba no man a man a pelota a Aanen Moody, quen, co defensor encima, soltou un triplazo desde 8 metros que acababa dentro para certificar a vitoria do Aircargobooking Ourense e cortar a mala xeria de resultados.

O próximo encontro será o sábado 8 de marzo no Paco Paz ante Estudiantes.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar